DOMÍNGUEZ CABALLERO, SUSANA / MORENO BECERRIL, MARIA DEL VAL / MENÉNDEZ CAMARENA, PILAR
1. Que está pasando? Para comezar a aventura, algo esperta a nosa atención# Un obxecto ou unha fotografía convídannos a descubrir o universo. 2. Que sabemos? É o momento de lembrar todo o que sabemos, de lanzar hipóteses e de expresar as nosas ideas e opinións. 3. Tenemos un plan Entre todos, decidimos que máis queremos coñecer sobre o espazo exterior, sobre o sistema solar e sobre as viaxes espaciais.Vaia aventura 4. Buscamos información É o momento de buscar información en familia e de compartila cos demais compañeiros. Hai tanto que aprender! 5. Investigamos Afondamos en todo aquilo que nos interesa e compartimos as aprendizaxes. Observamos, experimentamos e reflexionamos. 6. Chegamos á meta Logramos o noso obxectivo! É o momento de comunicarlles e de exporlles aos demais todo o que descubrimos ao longo do proxecto 7.Que e como aprendín? É o momento de observar e de rexistrar que e como aprendo. Vou tomando conciencia das miñas propias posibilidades.
Os novos proxectos Explora de Xerme presentan unha innovadora aposta metodolóxica baseada no descubrimento e a aprendizaxe significativa, manipulativa e vivencial. Facilitan a aprendizaxe de todos os alumnos, tendo en conta as súas características persoais e a súa forma única de aprender e coñecer o mundo. Os Proxectos Explora potencian a iniciativa dos alumnos, a súa participación activa e a súa capacidade de autoxestión, para que sexan os verdadeiros protagonistas do seu proceso de aprendizaxe. Estas son as claves de Explora: # Aprendizaxe baseada na comprensión # Educación emocional # Intelixencias múltiples # Aprendizaxe cooperativa